miércoles, 23 de febrero de 2011
Lugo 10
O 30 de novembro do 2010 cumpríronse 10 anos dun dos feitos que marcaron, sen dúbida, un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo. Este premio, dalgún xeito contribuiu a que Lugo espertase, a cidade convenceuse de que tiña que ir facéndose un oco no camiño da modernización, respectando con orgullo a súa historia e o seu rico pasado romano.
O Concello de Lugo quixo seguir contribuíndo a convertir a Lugo nesa cidade sobresaínte que todos comezamos a soñar ese día e que se viu enormemente fortalecida cando o mundo enteiro recoñeceu o gran tesouro que é o noso patrimonio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario