miércoles, 23 de marzo de 2011
miércoles, 23 de febrero de 2011
A lucense Lucía Pérez en Eurovisión 2011
Lucia Perez vai representar a España no Festival de Eurovisión que se realizará o 14 de maio en Düsseldorf (Alemaña), grazas á audiencia televisiva que apoiou a Lucía co 68% dos votos. Tratase da primeira galega que acude ó certamen, coa canción "Que me quiten lo bailao" un tema composto polo músico Rafael Artesero.
A cantante, nacida en O Incio (Lugo), venceu na final ó quinteto Auryn e a Melissa, que tamén aspiraban a representar a España na 56 edición do festival. A canción é moi animada, típica da Eurovisión. A edición deste ano contará coa participación de 25 países.
Lugo 10
O 30 de novembro do 2010 cumpríronse 10 anos dun dos feitos que marcaron, sen dúbida, un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo. Este premio, dalgún xeito contribuiu a que Lugo espertase, a cidade convenceuse de que tiña que ir facéndose un oco no camiño da modernización, respectando con orgullo a súa historia e o seu rico pasado romano.
O Concello de Lugo quixo seguir contribuíndo a convertir a Lugo nesa cidade sobresaínte que todos comezamos a soñar ese día e que se viu enormemente fortalecida cando o mundo enteiro recoñeceu o gran tesouro que é o noso patrimonio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)